9 feb 2012
6 feb 2012
2012. Libro de febreiro. Cancionero Gallego. Martínez Torner e Bal y Gay
LIBRO
DO MES DE FEBREIRO 2012
DATOS
DO LIBRO
AUTOR:
Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay
TÍTULO:
Cancionero Gallego
CIDADE
DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL:
Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO:
2007
BREVE
RESUMO DO LIBRO
Trátase da reedición
crítica do facsímil do Cancionero
Gallego -publicado
polo compositor lugués Jesús Bal y Gay por primeira vez en 1973-.
O autor do prólogo desta obra é Carlos Villanueva destaca que, durante a I República, o compositor Bal y Gay "predicou o achegamento á música de vangarda e a ruptura co folclorismo" aínda que as súas palabras caeron en saco roto co estalido da Guerra Civil en 1936.
Porén, antes da contenda, o musicólogo lugués comezara, xunto co asturiano Eduardo Martínez Torner, a elaborar "o primeiro cancioneiro galego recollido no rural", que finalmente non viu a luz até 1973. Grazas a unha bolsa concedida pola Comisión de Estudos de Galicia en 1928, Martínez Torner e Bal y Gay dedicáronse durante cinco anos ós traballos de recompilación de pezas da tradición que transcribían coa súa música correspondente. O proxecto comezou a desdebuxarse ao "xurdir diferenzas" entre ambos, segundo Villanueva. Cando en 1932 remataron o traballo e se reuniron no Centro de Estudos Históricos, dirixido por Ramón Menéndez Pidal, este encargoulle definitivamente o Cancionero Gallego a Torner, mentres que Bal y Gay se orientou a estudos históricos.
No 36, Torner marchou a Valencia con case 2.000 pezas do Cancionero, fuxindo da Guerra Civil, e logo foi de Barcelona a Francia e de alí a Londres, onde se perdeu o rastro dese material
XESÚS
BAL Y GAY
Músico, musicólogo e
intelectual galego, nacido en Lugo en 195 e falecido en 1993. Nos
anos 20 comezou a se relacionar con Manuel de Falla e outros
intelectuais e músicos da época, especialmente tras a súa marcha a
Madrid á Residencia de Estudantes, onde tamén tomou contacto coa
Institución Libre de Enseñanza. En 1935 marchou para Cambridge e
despois pasa a vivir en México ata 1965. Destacan especialmente as
súas aportacións ao mundo da musicoloxía, así como ao da
composición, legando -entre outros- o Cancioneiro Gallego, feito
xunto con Eduardo Martínez Torner.
Fonte
do texto sobre o libro: V. Oliveira.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=10&idNoticia=208615
(Se
queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos
a túa dirección no buzón de suxestións ou en
biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)
29 ene 2012
Curso sobre interpretación no Barroco
SEMINARIO:
INTERPRETACIÓN DA MÚSICA BARROCA NOS
INSTRUMENTOS DE TECLA
(PIANO, CLAVICÉMBALO, ÓRGANO)
INTRODUCCIÓN Á TÉCNICA DO CLAVICORDIO
Profesor: D. José Luis González Uriol
Catedrático emérito de Clave e Órgano
2 e 3 de Marzo 2012
CMUS OURENSE
Unha boa oportunidade para completar o teu coñecemento sobre o estilo musical imperante no Barroco!
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n 32004 – OURENSE
Teléfono: 988.39.10.47 - Fax: 988.39.19.71
E-mail: cmus.ourense@edu.xunta.es
Organiza:
Departamento de Instrumentos Antigos
Conservatorio Profesional de Música de Ourense
23 ene 2012
Disco de Johannes Brahms: Secular Choral Songs
Secular Choral Songs de Johannes Brahms
XA DISPOÑIBLE!
Toda unha viaxe a través da obra vocal de Brahms (1833-1897), por medio de dous cds grabados xa nos anos 90 que se reeditaron por parte do prestixioso selo Harmonia Mundi.
Podédelo atopar coa signatura CD510 e o rexistro 4043.
ESCÓITAO NA BIBLIOTECA OU LÉVAO PARA A CASA!!
¡Así de fácil!
ESCÓITAO NA BIBLIOTECA OU LÉVAO PARA A CASA!!
¡Así de fácil!
21 ene 2012
Concerto na Biblioteca
Concerto na Biblioteca: o Barroco e o seu tempo
No pasado mes de novembro de 2011 as profesoras de clave, Alicia Alcayna, e de historia da música, Lorena L. Cobas, un concerto na sala da biblioteca. Nel as alumnas e alumnos de clave interpretaron varias obras pertencentes ao período do Barroco para ilustrar os paneis feitos polo alumnado de historia. Deste concerto podemos escoitar algúns fragmentos no seguinte vídeo, cuxa montaxe fixo Salvador Vicente:
O programa do concerto foi o seguinte:
Danzas
de suite............................................
-
Allemande
-
Courante
-
Sarabande
|
Lebègue
|
por Pablo Vázquez (6º GP)
|
|
Preludio
nº 4 de L’art de toucher............
|
Couperin
|
por Erea Blanco (4º GP)
|
|
La Boullongne.................................................
|
Balbastre
|
por Jana Sevilla (6º GP)
|
|
Rondó...............................................................
|
Francoeur
|
por Salvador Vicente (violín), Isabel Font
(viola da gamba) e Alicia Alcayna (clave)
|
16 ene 2012
O mestre Vide e as súas zarzuelas
NOVO VOLUME XA DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA: Zarzuelas do Mestre Vide, recompiladas e editadas por Javier Jurado
Neste cuarto volume preséntanse as partituras de dúas zarzuelas súas: Miñatos de vran e Proba d'amor.
Para máis información sobre José Fernández Vide, pódese consultar a Revista Transcultural de Música, 8 (2004), ISSN:1697-0101: VILLANUEVA, Carlos." José Fernández Vide (1893-1981): tópicos identitarios en la figura y la obra de un músico de la emigración". Pódese ler íntegro en:
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com/search/label/Ourense
12 ene 2012
Novas tecnoloxías na biblioteca
Novos ordenadores con acceso a internet na biblioteca:
Xa temos a disposición dos usuarios catro ordenadores.
Podes facer aquí os teus traballos, entrar na rede ou escoitar música...
Anímate e vén darlle uso!!
10 ene 2012
Exposición do Barroco
Vén á biblioteca!
E mergúllate no mundo do Barroco!
Exposición: O Barroco e o seu tempo
O Barroco
musical foi un estilo que deixou fonda pegada na historia da música
occidental. Non só marcou toda unha época de contrastes no século
XVII e primeira metade do XVIII, senón que tamén potenciou a
creación de obras que aínda hoxe seguen a soar nos máis
inesperados recunchos, acadando un halo de contemporaneidade que moi
poucos estilos lograron na historia.
Co
afán de poñer a disposición dos usuarios da biblioteca algúns dos
materiais do Barroco, as alumnas e os alumnos de 5º de Grao
Profesional prepararon con esmero tres paneis que explican grosso
modo
este interesante período musical, os seus xéneros e as aportacións
dun dos seus compositores máis eminentes, Johann Sebastian Bach.
Esperamos que gocen deste percorrido a través do séculos XVII e primeira metade do XVIII, momento no que un novo xeito de facer música irrompía na música relixiosa, de cámara e teatral.
Vista lateral dos paneis |
Selección de materiais do Barroco |
Selección de materiais do Barroco da biblioteca |
Vista frontal do paneis informativos |
2012. Libro do mes de Xaneiro
2012. Libro do mes de Xaneiro
La música clásica. La era de Haydn, Mozart y Beethoven
Madrid, Akal, 1998
EDICIÓN ORIXINAL:
Norton & Company, 1992
TRADUCIÓN:
Celsa Alonso
O presente
volume analiza o ascenso e declive do estilo clásico, dende mediados
do século XVIII –momento do nacemento de Haydn- ata a segunda
década do XIX –cando morre Beethoven-. Nos seus capítulos ponse
de manifesto a enorme diversidade e os continuos cambios que
caracterizan a música do período, sen esquecérselle as condicións
sociais e a vida cotiá dos músicos, así como a estética imperante
e as preferencias da audiencia respecto ás estruturas musicais, a
organización das combinacións e grupos.
Na primeira
parte do libro establece os elementos básicos que supuxeron o cambio
de estilo musical do Barroco cara o Clasicismo nun período que se
deu en chamar Preclasicismo. Neste momento conviviron varias
propostas baixo as ideas estéticas do Rococó, que marcaron o pulso
dunha convulsa etapa de heteroxeneidade e de apertura. Neste senso o
Style
Galant
e o Empfindsamer
Stil
prevaleceron na música para teclado, a ópera diversificou as súas
temáticas e a música sinfónica foi gañando terreo no eido dos
concertos públicos.
Na segunda
parte, o autor sumérxese nas razóns do xurdimento e afianzamento do
estilo clásico nos diferentes xéneros musicais, abordando non só a
música escénica, relixiosa e de concerto, senón tamén incidindo
no relevante papel da música doméstica.
Da terceira
á séptima parte afóndase na vida, obra e aportacións de Haydn e
de Mozart, como emblemas do estilo clásico, que coñeceu o seu
máximo apoxeo entre 1780 e 1800. Na oitava parte trátase a
Beethoven coma “un xigante entre dous séculos”, explicando as
súas obras máis relevantes.
Na última
parte do libro preséntanse cales foron as herdanzas do século das
luces no século XIX, dándolle así unha continuidade de cara ao
novo período que se abriu a partires de entón: o Romanticismo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)