3 dic. 2012

2012. Libro do mes de decembro


LIBRO DO MES DE DECEMBRO DE 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Eugenio  Trías
TÍTULO: El canto de las sirenas
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Galaxia Gutenberg
ANO: 2007          
NÚMERO DE PÁXINAS: 1000

DATOS DO AUTOR
 Trías Sagnier (Barcelona, 1942), filósofo español considerado coma un dos máis importantes dende Ortega e Gasset. Licenciado en Filosofía, foi profesor nas Universidades Central e Autónoma de Barcelona, desprazándose dende os anos setenta a Brasil e Arxentina. Catedrático de filosofía na Escola Técnica Superior de Arquitectura dende 1986 e de Historia das Ideas na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. A súa concepción da filosofía é unitaria e enciclopédica, xa que despregou as súas principais ideas en campos tan diversos coma a ética, a estética, a reflexión cívico-política, a filosofía da relixión ou a ontoloxía. Moitos dos seus libros convertéronse en referencias ineludibles da filosofía española no último medio século. Obras súas coma Tratado da paixón, O belo e o sinistro, Os límites do mundo ou  A idade do espírito constituíronse xa en obras clásicas do pensamento filosófico destes anos.

BREVE RESUMO DO LIBRO
Neste libro Eugenio Trías fai un percorrido a modo de ensaio a través de 25 músicos occidentais, percorrendo dende Monteverdi ata as últimas vangardas musicais. Trata de construír un relato, ou gran relato, sobre os principais músicos occidentais dos últimos catrocentos anos. Neste libro trata de “narrar a música”, polo que leva a termo un acto creador, no que urde e combina a trama de textos diferentes que, en progresión, constitúen este relato.  Os misterios gloriosos de Bach, a dualidade do tráxico e do cómico en Mozart, os grandes relatos de Haydn, o estilo heroico de Beethoven, o concepto de obra total de Wagner, o espírito creador de Mahler, a nova teoloxía musical de Schoenberg, a noite eterna de Béla Bartok, os sacrificios de Stravinski, o panteísmo sonoro de Cage ou a arquitectura musical de Xenakis, comparecen nestas páxinas para rebelar as súas claves internas. O resultado non é só unha excelente colección de ensaios individuais, senón tamén un argumento narrativo: unha apaixonante historia das ideas a través da música.


(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestión

15 nov. 2012

2012. Libro do mes de novembro


LIBRO DO MES DE NOVEMBRO DE 2012 

DATOS DO LIBRO
AUTOR: J.  Peter Burkholder, Donald J. Grout, Claude V. Palisca
TÍTULO: Historia de la música occidental
CIDADE DE EDICIÓN: Madrid
EDITORIAL: Alianza Música
ANO: 2011 (8ª edición)             TRADUTOR: Gabriel Menéndez Torrellas
NÚMERO DE PÁXINAS: 1288

DATOS DO AUTOR

Donald Jay Grout (1902-1987) foi un musicólogo estadounidense da primeira xeración, que tivo unha grande influencia nos músicos europeos que emigraron ao novo continente tras a Segunda Guerra Mundial. Foi un membro activo de varias universidades e de sociedades de musicoloxía de todo o mundo, constituíndo un referente durante máis de medio século. Os seus traballos deixaron unha fonda pegada na historiografía da música, sendo un dos máis influíntes A History of Western Music de 1960, que se converteu nun auténtico manual reeditado en varias ocasións. Estas reedicións correron a cargo de autores coma Claude Palisca ou máis recentemente J. Peter Burkholder, cuxa edición é a que presentamos nesta ocasión.

BREVE RESUMO DO LIBRO

Este volume foi cualificado por críticos e expertos coma o mellor compendio do desenvolvemento da música no mundo occidental dende as civilizacións máis antigas ata os nosos días. A obra, que só esixe coñecementos elementais de terminoloxía musical e de harmonía, constitúe un modelo de erudición. Explora os estilos, compositores, xéneros e obras fundamentais, así coma a tensión entre tradición e innovación, que tamén abarca unha ampla variedade de xéneros relixiosos e seculares, serios e humorísticos, cultos e populares, de todo o mundo. O texto aparece ilustrado con abundantes exemplos musicais, cronoloxías, biografías, extractos de fontes orixinais, resumos, un glosario e un prego de mapas en cor. Toda unha ferramenta para afondar no coñecemento da música occidental e dos estilos que a cotío se interpretan no conservatorio. 

22 oct. 2012

Día das bibliotecas escolares. 24 de outubro

O vindeiro mércores día 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. Estades convidados a coñecer os novos materiais do rincón infantil e o novo mobiliario para materiais audiovisuais. 



9 oct. 2012

HORARIOS 2012-13

A biblioteca permanecerá aberta polas tardes nos horarios que se detallan a continuación: 

Luns: 15.30-20

Martes: 15.30-21

Mércores: 15.30-20.30

Xoves: 15.30-21

Venres: 15.30-19 

 

28 sept. 2012

NOVIDADES OUTUBRO 2012

ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA

Dicionarios: 
- Diccionario Akal/Gove de la Música, editado por Stanley Sadie. Xa dispoñible para consulta en sala!!


Partituras e métodos para saxofón: 
- Saxologie du potentiel acoustico de Daniel Kientzy
- Apparition et disparition mystérieuses d'un accord de Luc Ferrari
- Motet en double choeur de Melchior Vulpius
- Souvernir pour cinq (ou plus...) saxophones de François Daneels
- Betsy Jolas Oh là!. Collection de Claude Georgel
- Betsy Jolas. Walking ground pour deux saxophones altos. Colección de Claude Georgel
- Betsy Jolas. Scat pour deux saxophones altos. Colección de Claude Georgel
- Betsy Jolas. Allô! pour deux saxophones altos. Colección de Claude Georgel


Partituras e métodos para trompa
- Learn as you play. Escalas e arpexios. Editado por Peter Wastall

Partituras para frauta
- Concerto en Sol maior para frauta e piano de Carl Stamitz

Partituras e métodos para viola
- Carol Stringfest. Popular carols for flexible string ensemble with optional piano.  Arranxos de Mary Cohen
- Superstart Viola. The complete method. Mary Cohen
- Bags of American Folk for viola. Arranxado por mary Cohen
- Bag Tunes for viola. Mary Cohen.


2012. Libro de mes de outubro


LIBRO DO MES DE OUTUBRO DE 2012



DATOS DO LIBRO

AUTOR: ANDRÉS, Ramón
TÍTULO: Diccionario de instrumentos musicales. Desde la Antigüedad a J.S. Bach
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Península
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 540


BREVE RESUMO DO LIBRO

O presente volume non é soamente un diccionario de instrumentos de tipo manual, senón que inclúe referencias a moitos compositores e obras de primeira magnitude. Por suposto, os construtores de instrumentos e os teóricos tamén ocupan boa parte das súas páxinas. Nesta edición, prologada por John Eliot Gardiner, actualiza e revisa moitas entradas, ofrecendo unha inxente información sobre os instrumentos en sí. Nos apéndices finais procura amosar unha detallada relación entre a música, a pintura e a literatura. Con todo isto, esta obra convértese nun punto de referencia imprescindible para os que se sinten atraídos, non só pola música culta, senón pola popular.


DATOS DO AUTOR

Ramón Andrés (Pamplona, 1955) é autor de numerosos escritos musicais e literarios. Entre os seus libros sobre música destaca o Diccionario de instrumentos musicales, prologado por John Eliot Gardiner.
Entre 1974 e 1983 exerceu a súa actividade profesional como cantante, centrándose sobre todo no repertorio medieval e renacentista, con instrumentos antigos. Foi tamén lector da Universidade de Nápoles, así coma asesor, colaborador e director de numerosos proxectos editoriais, a miúdo relacionados coa divulgación musical.





Páxinas de referencia: http://www.ramonandres.es
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)

2 jun. 2012

NOVIDADES MES XUÑO 2012

NOVAS ADQUISICIÓNS PROXIMAMENTE DISPOÑIBLES


O Conservatorio de Música Profesional de Ourense está a dotar a biblioteca de novos fondos bibliográficos e audiovisuais, que estarán dispoñibles para o próximo curso académico. 


Algúns dos materiais que xa se atopan no centro pendentes para a súa catalogación na biblioteca son: 


LIBROS
- La moderna ejecución pianística de Leimer e Gieseking
- El arte del violín de J. Claudio
- El canto de las sirenas de Eugenio Trías
- El ruido eterno de Alex Ross
- Claves del teclado de Foldes
- Notas desde la banqueta del pianista de Berman y Sánchez
- Rítmica, dinámica, pedal y otros problemas de la ejecución pianística de Leimer y Gieseking
- El piano de Casella
- Il clarinetto de Fabrizio Meloni
- El clarinete bajo de Sparnaay

CDs
- Complete Symhponies & Orchestral Works de Sergey Rachamaninov
- Música orquestal y de cámara de Franz Schubert
- Cofre de música orquestal de Shotakovich
- Música de cámara de Nino Rota
- Rapsodie in blue de G. Gerswhin
- Clásicos de la música de España (discográfica Naxos)
- Cofre de integral de Richard Strauss
- Cofre de Mahler. Sinfonías completas dirigidas por Leonard Berstein

DVDs
- El maestro Solti: Wagner, Mendelssohn, Bartok...

NOVO DISCO DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA: 
Mahler. The Symphonies

Leonard Bernstein Gustav Mahler Vienna Philharmonic OrchestraNew York Philharmonic Orchestra Royal Concertgebouw Orchestra Amsterdam 


11 discos que recollen as obras sinfónicas deste compositor do posrromanticismo, baixo a batuta dun dos directores máis afamados do século XX


7 may. 2012

Libro do mes de maio 2012

LIBRO DO MES DE MAIO 2012



DATOS DO LIBRO



AUTOR: BERNSTEIN, Leonard
TÍTULO: El maestro invita a un concierto
CIDADE DE EDICIÓN: Madrid
EDITORIAL: Siruela
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 403
TRADUCIÓN: Juan Pablo Fernández-Cortés











DATOS DO AUTOR



Leonard Berstein (1918-1990) desenvolveu o seu talento musical dende moi novo, estudango harmonía, dirección e piano. En 1943 foi nomeado asistente da Filarmónica de Nova York, pasando posteriormente por outras setenta orquestras de renome internacional coma a  Sinfónica de Boston, Filarmónica de Israel ou Viena, entre outras. Realizou mil concertos e máis de catrocentas gravacións, o que o consagra coma un dos músicos estadounidenses máis influíntes da segunda metade do século XX. De feito, recibiu vintetrés títulos académicos honoríficos, trece condecoracións de gobernos estranxeitos, trece premios Grammy, dezaséis discos de ouro e platino, once premios Emmy e máis de dez premios de televisión.  En 1958 inicia tamén a serie de concertos para xoves, dos que este volume que presentamos é un compendio.


BREVE RESUMO DO LIBRO


Este libro que trata de solventar algunhas cuestións xerais sobre a música, recollendo os contidos dunha serie de concertos que Bernstein realizara para adicar á xuventude. A través de quince capítulos trata de sintetizar do xeito máis práctico posible algúns da linguaxe musical máis relevantes, empregando moi a miúdo exemplos concretos e moitas comparacións. Á súa linguaxe clara e concisa é idónea para artellar un volume adicado a a aproximar a música á xente nova, sen esquecer que se trata dunha linguaxe universal, á que debería de ter acceso todo o mundo.



(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)

3 abr. 2012

Libro do mes de abril 2012


LIBRO DO MES DE ABRIL 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Casto Sampedro y Folgar
TÍTULO: Cancionero Musical de Galicia
CIDADE DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL: Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO: 2007

BREVE RESUMO DO LIBRO

Este volume é unha obra colectiva que recolle o labor recomplitatorio da música tradicional iniciado por Castro Sampedro y Folgar en torno a  1883, así como varios artigos previos que axudan a contextualizar este traballo.
O cancioneiro de Sampedro xestárase ao abeiro da Sociedad Arqueológica de Pontevedra dende finais do século XIX grazas ás colaboracións de diferentes investigadores como Ramón de Arana, Santiago Tafall, Eladio Oviedo, Perfecto Feijóo, Juan Montes, Indalecio Varela Lenzan ou Víctor Said Armesto, quen finalmente contribuíu a darlle o pulo final á recompilación do material musical tradicional. O cancioneiro quedou configurado cunha inxente cantidade de material, nun principio disperso, que non coñeceu a luz ata a edición de 1942 que fixo o Museo de Pontevedra, con introdución de José Filgueira Valverde.
Neste volume recollían diferentes tipos de pezas como alalás, cantos narrativos dialogados, cantos de labores e oficios, cantos rituais, lúdicos e bailables, así como unha escolma de música instrumental (preludios, tocatas ao azar, bailables, danzas, alboradas e marchas).
Para entender o proceso de recollida deste material no seu tempo é preciso coñecer aspectos de contexto, ideolóxicos e formais, que se desmenuzan nesta edición da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Nesta introdución crítica participan investigadores de primeira liña musicolóxica en Galicia neste momento coma Carlos Villanueva, Luis Costa ou Xabier Groba, ademais de incluir unha introdución histórica por parte de José Carlos Valle.
Resulta un tomo moi interesante para todos aqueles que sintan interese polo estudo da música tradicional en Galicia, así como para aqueles que se queiran adentrar no descurso etnicitario para a música galega, dende un punto de vista rexeneracionista e mesmo neotradicionalista.

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com

28 mar. 2012

Novas obras de Fernández Vide na biblioteca

Acaban de chegar á biblioteca dous novos tomos, editados pola Deputación Provincial de Ourense, coas obras do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981)



Podedes ler un artigo sobre as súas achegas escrito polo musicólogo Carlos Villanueva en: http://www.sibetrans.com/trans/a199/jose-fernandez-vide-1893-1981-topicos-identitarios-en-la-figura-y-la-obra-de-un-musico-de-la-emigracion

6 mar. 2012

Coral De Ruada. Libro do mes de marzo 2012


LIBRO DO MES DE MARZO 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro
TÍTULO: La Coral de Ruada
CIDADE DE EDICIÓN: Ourense
EDITORIAL: Caixa Ourense
ANO: 1996

BREVE RESUMO DO LIBRO
Trátase dun percorrido histórico a través da historia desta coral, que nacera en 1918 e aínda hoxe mantén a súa labor.
A Coral “Re Ruada” xestárase en 1918 e debutou o 24 de xuño de 1919 no Teatro Apolo de Ourense, onde obtivo un grande éxito. Esta coral seguiu o modelo do coro “Aires d'a terra”, fundado polo gaiteiro pontevedrés Perfecto Feijóo. Este tipo de agrupación ou “coro galego” estaba formado por coro de voces mixtas, ataviados co traxe tradicional, que cantaban repertorio popular con acompañamento instrumental típico do folclore galego. Nas fotografías máis antigas pódese observar a vestimenta típica dos integrantes e os tres instrumentos básicos (gaita, tamborileiro, bombo), ademais de zanfoña e pandeiros con sonaxas.



Neste libro poderemos facer un percorrido pola vida desta interesante agrupación ourensá, que deixou e aínda está a deixar momentos musicais para a historia.

Fontes de consulta: 
- www.coralderuada.com
- Etno-folk. Revista galega de etnomusicoloxía, 9 (outubro 2007). Monográfico adicado a "De Ruada".

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)

27 feb. 2012

Maurice André. Un gran trompetista

Co motivo do pasamento do trompetista francés Maurice André, o pasado venres 25 de febreiro de 2012, querémosvos recordar a súa grande aportación ao mundo da música. 

Podedes consultar unha breve biografía en: 
http://es.wikipedia.org/wiki/Maurice_Andr%C3%A9

E ademais a biblioteca dispón duns exercicios para trompeta da súa autoría (signatura 788.1/AND/exe):