3 abr. 2012

Libro do mes de abril 2012


LIBRO DO MES DE ABRIL 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Casto Sampedro y Folgar
TÍTULO: Cancionero Musical de Galicia
CIDADE DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL: Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO: 2007

BREVE RESUMO DO LIBRO

Este volume é unha obra colectiva que recolle o labor recomplitatorio da música tradicional iniciado por Castro Sampedro y Folgar en torno a  1883, así como varios artigos previos que axudan a contextualizar este traballo.
O cancioneiro de Sampedro xestárase ao abeiro da Sociedad Arqueológica de Pontevedra dende finais do século XIX grazas ás colaboracións de diferentes investigadores como Ramón de Arana, Santiago Tafall, Eladio Oviedo, Perfecto Feijóo, Juan Montes, Indalecio Varela Lenzan ou Víctor Said Armesto, quen finalmente contribuíu a darlle o pulo final á recompilación do material musical tradicional. O cancioneiro quedou configurado cunha inxente cantidade de material, nun principio disperso, que non coñeceu a luz ata a edición de 1942 que fixo o Museo de Pontevedra, con introdución de José Filgueira Valverde.
Neste volume recollían diferentes tipos de pezas como alalás, cantos narrativos dialogados, cantos de labores e oficios, cantos rituais, lúdicos e bailables, así como unha escolma de música instrumental (preludios, tocatas ao azar, bailables, danzas, alboradas e marchas).
Para entender o proceso de recollida deste material no seu tempo é preciso coñecer aspectos de contexto, ideolóxicos e formais, que se desmenuzan nesta edición da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Nesta introdución crítica participan investigadores de primeira liña musicolóxica en Galicia neste momento coma Carlos Villanueva, Luis Costa ou Xabier Groba, ademais de incluir unha introdución histórica por parte de José Carlos Valle.
Resulta un tomo moi interesante para todos aqueles que sintan interese polo estudo da música tradicional en Galicia, así como para aqueles que se queiran adentrar no descurso etnicitario para a música galega, dende un punto de vista rexeneracionista e mesmo neotradicionalista.

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com