6 feb 2012

2012. Libro de febreiro. Cancionero Gallego. Martínez Torner e Bal y Gay


LIBRO DO MES DE FEBREIRO 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay
TÍTULO: Cancionero Gallego
CIDADE DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL: Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO: 2007

BREVE RESUMO DO LIBRO
Trátase da reedición crítica do facsímil do Cancionero Gallego -publicado polo compositor lugués Jesús Bal y Gay por primeira vez en 1973-.
O autor do prólogo desta obra é Carlos Villanueva destaca que, durante a I República, o compositor Bal y Gay "predicou o achegamento á música de vangarda e a ruptura co folclorismo" aínda que as súas palabras caeron en saco roto co estalido da Guerra Civil en 1936.
Porén, antes da contenda, o musicólogo lugués comezara, xunto co asturiano Eduardo Martínez Torner, a elaborar "o primeiro cancioneiro galego recollido no rural", que finalmente non viu a luz até 1973. Grazas a unha bolsa concedida pola Comisión de Estudos de Galicia en 1928, Martínez Torner e Bal y Gay dedicáronse durante cinco anos ós traballos de recompilación de pezas da tradición que transcribían coa súa música correspondente. O proxecto comezou a desdebuxarse ao "xurdir diferenzas" entre ambos, segundo Villanueva. Cando en 1932 remataron o traballo e se reuniron no Centro de Estudos Históricos, dirixido por Ramón Menéndez Pidal, este encargoulle definitivamente o Cancionero Gallego a Torner, mentres que Bal y Gay se orientou a estudos históricos.
No 36, Torner marchou a Valencia con case 2.000 pezas do Cancionero, fuxindo da Guerra Civil, e logo foi de Barcelona a Francia e de alí a Londres, onde se perdeu o rastro dese material
XESÚS BAL Y GAY
Músico, musicólogo e intelectual galego, nacido en Lugo en 195 e falecido en 1993. Nos anos 20 comezou a se relacionar con Manuel de Falla e outros intelectuais e músicos da época, especialmente tras a súa marcha a Madrid á Residencia de Estudantes, onde tamén tomou contacto coa Institución Libre de Enseñanza. En 1935 marchou para Cambridge e despois pasa a vivir en México ata 1965. Destacan especialmente as súas aportacións ao mundo da musicoloxía, así como ao da composición, legando -entre outros- o Cancioneiro Gallego, feito xunto con Eduardo Martínez Torner. 


Fonte do texto sobre o libro: V. Oliveira. http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=10&idNoticia=208615

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario