LIBRO DO MES DE ABRIL 2012
DATOS
DO LIBRO
TÍTULO:
Cancionero Musical de Galicia
CIDADE DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL:
Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO:
2007
BREVE RESUMO DO LIBRO
Este volume
é unha obra colectiva que recolle o labor recomplitatorio da música tradicional
iniciado por Castro Sampedro y Folgar en torno a 1883, así como varios artigos previos que
axudan a contextualizar este traballo.
O
cancioneiro de Sampedro xestárase ao abeiro da Sociedad Arqueológica de Pontevedra dende finais do século XIX grazas ás
colaboracións de diferentes investigadores como Ramón de Arana, Santiago
Tafall, Eladio Oviedo, Perfecto Feijóo, Juan Montes, Indalecio Varela Lenzan ou
Víctor Said Armesto, quen finalmente contribuíu a darlle o pulo final á
recompilación do material musical tradicional. O cancioneiro quedou configurado cunha inxente cantidade de material, nun principio disperso, que non coñeceu a luz ata a edición de 1942 que fixo o Museo de Pontevedra, con
introdución de José Filgueira Valverde.
Neste
volume recollían diferentes tipos de pezas como alalás, cantos narrativos
dialogados, cantos de labores e oficios, cantos rituais, lúdicos e bailables,
así como unha escolma de música instrumental (preludios, tocatas ao azar,
bailables, danzas, alboradas e marchas).
Para
entender o proceso de recollida deste material no seu tempo é preciso coñecer
aspectos de contexto, ideolóxicos e formais, que se desmenuzan nesta edición da
Fundación Pedro Barrié de la Maza. Nesta introdución crítica participan
investigadores de primeira liña musicolóxica en Galicia neste momento coma
Carlos Villanueva, Luis Costa ou Xabier Groba, ademais de incluir unha introdución
histórica por parte de José Carlos Valle.
Resulta
un tomo moi interesante para todos aqueles que sintan interese polo estudo da
música tradicional en Galicia, así como para aqueles que se queiran adentrar no
descurso etnicitario para a música galega, dende un punto de vista
rexeneracionista e mesmo neotradicionalista.
(Se queres
recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no
buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)