6 mar 2012

Coral De Ruada. Libro do mes de marzo 2012


LIBRO DO MES DE MARZO 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro
TÍTULO: La Coral de Ruada
CIDADE DE EDICIÓN: Ourense
EDITORIAL: Caixa Ourense
ANO: 1996

BREVE RESUMO DO LIBRO
Trátase dun percorrido histórico a través da historia desta coral, que nacera en 1918 e aínda hoxe mantén a súa labor.
A Coral “Re Ruada” xestárase en 1918 e debutou o 24 de xuño de 1919 no Teatro Apolo de Ourense, onde obtivo un grande éxito. Esta coral seguiu o modelo do coro “Aires d'a terra”, fundado polo gaiteiro pontevedrés Perfecto Feijóo. Este tipo de agrupación ou “coro galego” estaba formado por coro de voces mixtas, ataviados co traxe tradicional, que cantaban repertorio popular con acompañamento instrumental típico do folclore galego. Nas fotografías máis antigas pódese observar a vestimenta típica dos integrantes e os tres instrumentos básicos (gaita, tamborileiro, bombo), ademais de zanfoña e pandeiros con sonaxas.



Neste libro poderemos facer un percorrido pola vida desta interesante agrupación ourensá, que deixou e aínda está a deixar momentos musicais para a historia.

Fontes de consulta: 
- www.coralderuada.com
- Etno-folk. Revista galega de etnomusicoloxía, 9 (outubro 2007). Monográfico adicado a "De Ruada".

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)

No hay comentarios:

Publicar un comentario