LIBRO DO MES DE OUTUBRO DE 2012
DATOS DO LIBRO
AUTOR: ANDRÉS, Ramón
TÍTULO: Diccionario de instrumentos musicales.
Desde la Antigüedad a J.S. Bach
EDITORIAL: Península
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 540
BREVE RESUMO DO LIBRO
O presente volume non é soamente un diccionario de
instrumentos de tipo manual, senón que inclúe referencias a moitos compositores
e obras de primeira magnitude. Por suposto, os construtores de instrumentos e
os teóricos tamén ocupan boa parte das súas páxinas. Nesta edición, prologada
por John Eliot Gardiner, actualiza e revisa moitas entradas, ofrecendo unha
inxente información sobre os instrumentos en sí. Nos apéndices finais procura
amosar unha detallada relación entre a música, a pintura e a literatura. Con
todo isto, esta obra convértese nun punto de referencia imprescindible para os
que se sinten atraídos, non só pola música culta, senón pola popular.
DATOS DO AUTOR

Entre 1974 e 1983 exerceu a súa actividade profesional como cantante, centrándose sobre todo no repertorio medieval e renacentista, con instrumentos antigos. Foi tamén lector da Universidade de Nápoles, así coma asesor, colaborador e director de numerosos proxectos editoriais, a miúdo relacionados coa divulgación musical.
Páxinas de referencia:
http://www.ramonandres.es