LIBRO
DO MES DE XANEIRO DE 2016
AUTORA:
LIAÑO PEDREIRA, Mª Dolores
(catalogadora)
TÍTULO:
Eduardo
Rodríguez-Losada Rebellón. Catálogo de partituras
EDITORIAL:
Diputación Provincial de A Coruña CIDADE:
A Coruña ANO:
2012
Este
catálogo recolle o arquivo musical dun dos compositores máis
destacados en Galicia durante a primeira metade do século XX,
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973). Este compositor
compartiu a súa vida entre a música e a arquitectura, xa que
exerceu como arquitecto provincial entre 1916 e 1956 na Coruña, onde
residiu toda a súa vida. No catálogo descríbense as partituras
manuscritas do compositor, orixinais, copias, primeiros borradores e
anotacións dos documentos que se conservan no Arquivo Musical de
Galicia, pertencente á Academia Galega de Belas Artes de Nuestra
Señora del Rosario da Coruña.
O
catálogo aborda as obras do compositor en varias seccións: obras
para a escena, obras para piano, cancións, obras relixiosas para
orquestra, música militar, borradores de obras sen identificar e
arquivo documental. Ademais dos índices finais recóllense varias
ilustracións nas que se poden observar algúns dos manuscritos do
autor.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)