30 may 2014
26 may 2014
Libro de mes de maio
AUTORA:
Carmen
Rodríguez Suso
TÍTULO:
Prontuario de Musicología. Música, sonido, sociedad.
EDITORIAL:
Clivis
ANO:
2002
NÚMERO
DE PÁXINAS:
239
Neste
libro a autora realiza unha revisión dos principais elementos que
interfiren no concepto da musicoloxía e a experiencia da música.
Por medio de sete capítulos vai desgranando os pasos a seguir na
investigación musical, así como as principais fontes de información
(notación musical, fonografía, organoloxía, iconografía musical,
literatura musical). Engade tamén un completo compendio de
profesións que existen hoxe vinculadas á música, podendo servir de
guía práctica para o futuro profesional dos mozos e mozas que
estudan no conservatorio. Como a propia autora escribe:
“En
el texto se exponen los aspectos más importantes de esta disciplina,
explican su relación con la música práctica y sus procedimientos
de trabajo, y planteando las reflexiones que ello provoca en los
autores recientes. El tono expositivo empleado atiende a criterios
divulgativos, pensando en un lector no especializado. De hecho, este
libro se dirige a estudiantes tanto como a aficionados a la música,
y no hace falta saber música para leerlo y entenderlo.”
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
11 abr 2014
Novos materiais audiovisuais
Xa están dispoñibles na biblioteca os materiais audiovisuais legados pola ANPA do CMUS Profesional de Ourense. Hai unha interesante selección de música de jazz, pop, rock e mesmo música clásica. Se queres consultar os fondos dispoñibles só tes que pinchar aquí.
7 abr 2014
Exposición de instrumentos medievais
Maquetas de instrumentos musicais medievais realizadas con materiais reciclados polos alumnos e alumnas de 4º de Grao Profesional na materia de Historia da Música. Achégate e descubrirás formas de instrumentos que non coñecías, así como un repertorio de enxeño e creatividade dos teus compañeiros e compañeiras.
1 abr 2014
Libro do mes de abril 2014
AUTOR: P. Graig Russell
EDITORIAL: Planeta de Agostini
ANO: 2003
NÚMERO DE PÁXINAS: 456
TRADUTOR: Patrick Mason
P. Craig Russell é un dos mellores ilustradores de cómic vivos en todo o mundo, e ista é a súa apaixonada e ambiciosa adatación do épico relato de Richard Wagner, O anel do nibelungo. Trátase dun cómic que recolle unha interesante versión do ciclo operístico homónimo de Wagner.
O
ciclo de Wagner, formado por catro óperas continuas pero
diferenciadas, é coñecido por ter adatado un antigo mito xermano a
unha versión máis moderna. Á vez que capturaba a maxestade mítica
daquelas lendas, a visión de Wagner permitíanos ver a personalidade
e as motivacións de cada un dos heroes e deuses, dos vilanos e dos
mártires. A estrutura desta famosa saga musical é igualmente
poderosa, pois cada movemento (O ouro do Rin, A valkiria, Sigfrido e
O crespúsculo dos deuses) forma unha ópera separada e conta cun
libreto diferenciado.
26 feb 2014
LIBRO DO MES DE MARZO 2014
AUTOR:
Esteban
Buch
TÍTULO:
La novena de Beethoven. Historia política del himno europeo
EDITORIAL:
Acantilado
ANO:
2001
NÚMERO
DE PÁXINAS:
504 TRADUTOR: Juan Gabriel López Guix
Neste
texto Esteban Buch analiza, desde unha perspectiva interdisciplinar e
rigososa, as causas do éxito da Novena
sinfonía.
A novena sinfonía compúxose en 1824, e desde entón foi a obra
musical con maior éxito político en Occidente, ata o punto de que a
súa Oda
á ledicia
foi designada himno oficial de Europa. Desde o nacemento dos himnos
nacionais na modernidade e desde a construción, ao longo do século
pasado, do mito de Beethoven, familias políticas de diversa índole
e incluso antagónicas -desde os republicanos franceses aos
nacionalistas alemáns- usaron o final da Novena,
e hoxe, nunha trama política cada día máis complexa, parece
erixirse como símbolo integral europeo dun proxecto compartido que,
seguindo a estela do texto de Schiller (“tódolos homes serán
irmáns”), apunta cara unha antiga utopía de fraternidade.
O
AUTOR
Esteban
Buch (Bos Aires, 1963). É profesor da École des Hautes Études en
Sciences Sociales en París, onde dirixe o Centro de Investigacións
sobre as Artes a Linguaxe. Obtivo a beca Guggenheim en 1999 e o
diploma ao mérito da Fundación Konex en 2009. O seu libro La
novena de Beethoven recibiu o premio Grand Prix des Muses
L'Espress-France Culture en 1999. Outras publicacións súas son: O
caso Schönberg, O pintor da Suíza arxentina, Xuremos con gloria
morrer, Historia dunha épica de Estado, The Bomarzo affair. Ópera,
perversión e ditadura ou Historia dun segredo.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
29 ene 2014
Libro do mes de febreiro: Tchaikovsky y los niños
DATOS
DO LIBRO/DISCO
AUTOR:
Anna
Obiols, Subi, Tchaikovsky
TÍTULO:Tchaikovsky
y los niños
EDITORIAL:
Bellaterra
Música
ANO:
2010
NÚMERO DE PÁXINAS: 24
DATOS
DO LIBRO
Trátase
dun libro de contos para nenos de entre 6 e 8 anos, que inclúe o
conto “Tchaikovsky no pequeno mundo dos xoguetes", un CD co conto
gravado e un extracto de 25 pezas para piano do Álbum
da xuventude, interpretado
por Marina Rodríguez.
De
pequeno a Piotr I. Tchaikovsky lle encantaban os contos, xa que tiña
unha coidadora que lle contaba moitos. Así ao medrar e ver que ao
seu sobriño Bobik de seis anos lle gustaban tamén, igual que tocar
o piano, Piotr compúxolle unha serie de pezas para piano. Cada unha
facía referencia a unha historia fantástica, a un conto, a un
xoguete ou a algunha viaxe. Así cada peza tiña o seu propio título,
para que Bobik as puidese imaxinar á vez que as tocaba. A este
caderno musical chamoulle “Álbum
da xuventude”
na honra ao seu admirado Robert Schumann.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)