DATOS DO LIBRO
AUTOR: Nikolaus Harnoncourt
TÍTULO: La música como discurso sonoro. Hacia
una nueva comprensión de la música
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Acantilado
ANO: 2006 TRADUTOR DO ALEMÁN: Juan Luis Milán
NÚMERO DE PÁXINAS: 339
DATOS DO AUTOR
Despois de estudar na Academia de
Música de Viena en 1952, foi violonchelista coa Sinfónica de Viena. Un ano
máis tarde fundou, xunto coa súa muller a Concentus
Musicus Wien, incluíndo instrumentos de época e centrándose na música do
Renacemento e o Barroco. En 1972, foi profesor do Mozarteum de Salzburgo, e a súa carreira como director emerxeu
rápido ao dirixir lendarios ciclos de obras de Monteverdi e Mozart. Dirixiu
orquestras coma a Royal Concertgebouw
Orchestra de Ámsterdam, a Orquestra
de Cámara de Europa, a Filarmónica de
Viena e Berlín. Hoxe Nikolaus
Harnoncourt é unha estrela internacional entre os directores de orquestra.
BREVE RESUMO DO LIBRO
Neste libro recóllese unha colección de ensaios deste
intérprete e director, que conforman unha interesante contribución ao
pensamento musical do noso tempo. Foi publicado orixinariamente en 1984 e
constitúe para moitos un auténtico “credo” dunha das voces máis recoñecidas no
ámbito da interpretación musical histórica. Esta compilación aglutínase en tres
partes diferenciadas que abordan a música desde o punto de vista
interpretativo, pero incluíndo moi interesantes reflexións históricas sobre a
música e o proceso que a fai posible. A primeira parte titúlase “Aspectos
fundamentales de la música y de la interpretación”; a segunda sección
“Instrumentario y discurso sonoro”, centrándose nalgúns exemplares de
organoloxía do Barroco e do Clasicismo; e a última sección titúlase “Música
barroca europea- Mozart”, na que realiza unha viaxe polos diferentes
compositores que máis aportaron á música occidental no século XVIII.