9 dic 2013
2 dic 2013
Libro do mes de decembro 2013
AUTOR: François- René
Tranchefort
TÍTULO: Guía de la música
sinfónica
CIDADE DE EDICIÓN: Madrid
EDITORIAL: Alianza Música
ANO: 2003 TRADUTOR: Eduardo Rincón
NÚMERO DE PÁXINAS: 1320
Este dicionario está
dirixido a un público moi variado, xa que contén unha completa guía sobre a
música sinfónica, que convida ao oínte a unha escoita activa e documentada.
O repertorio abrangue unha
completa selección de obras que soan a través dos diversos medios de
comunicación, procurando abordar xéneros coma sinfonías, concertos, poemas
sinfónicos, suites, divertimentos, serenatas, oberturas e mesmo extractos de
obras líricas ou ballets. Por iso aglutina preto de cinco mil análises de máis
de douscentos compositores.
Unha fonte de consulta
imprescindible para os melómanos e estudantes de música, xa que nos ofrece unha
completa guía de composicións orquestrais, incluíndo as circunstancias da súa
creación, as súas fontes de inspiración, a data e lugar de estrea e a acollida
que recibiu, así como a instrumentación precisa e a duración media da
execución. Toda unha fonte de información que se pode consultar na sala da nosa
biblioteca.
Achégate e busca a
túa obra preferida!
22 nov 2013
CD: Debussy Complete Orchestral Works
Podes escoitar toda a obra orquestral de Claude Debussy (1862-1918) na caixa de Naxos que se atopa na nosa biblioteca coa signatura CD 736, que contén nove cds con pezas como La Mer ou Prélude a l'après-midi d'un faune. Nesta ocasión a interpretación corre a cargo da Orquestra Nacional de Lyon, baixo a batuta de Jun Märkl, que gravou tódalas pezas entre xullo de 2007 e marzo de 2011. A edición veu a luz no ano 2012 a cargo da discográfica Naxos.
12 nov 2013
10 nov 2013
Visita a nosa exposición: Verdi e Wagner. Dúas vidas paralelas e dispares
Poderás ler paneis informativos sobre a vida e a produción destes dous coñecidos compositores. Ademais tamén poderás achegarte a algúns dos materiais dos que dispón a biblioteca para o coñecemento destes dous autores de música escénica do Romanticismo.
1 nov 2013
Introducción a la música del siglo XX: libro do mes de novembro 2013
DATOS
DO LIBRO
AUTOR: Ottó Károlyi
TÍTULO: Introducción a la música del siglo XX
CIDADE DE EDICIÓN: Madrid
EDITORIAL: Alianza Música
ANO: 2000 TRADUTOR: Pedro Sarmiento
NÚMERO DE PÁXINAS: 373
DATOS
DO AUTOR
Ottó Károlyi é un musicólogo nado en París que realizou
estudos en Budapest, Viena e Londes. Actualmente exerce como profesor na
universidade de Stirling (Escocia). É coñecido principalmente polos seus libros
de divulgación, como Introdución á música,
e análise sobre a música contemporánea, como Introdución á música do século XX.
BREVE
RESUMO DO LIBRO
A música do século XX suscita a miúdo, salvo en círculos pechados, un
sentimento de rexeitamento. O autor propón neste libro un achegamento ás
principais características desta música para poder chegar a un mellor
comprendemento e desfrute. Para iso realiza unha análise sistemática dos
cambios de estética que se foron producindo ao longo do século, tendo en conta
a complexidade que adquiriu o fenómeno musical desde as vangardas de comezos do
século das grandes guerras.
Károlyi inicia a introdución
do libro do seguinte xeito: “Para a maior parte dos afeccionados á
música, a música do século XX é un óso duro de roer. A miúdo se mesturar a
confusión e o rexeitamento coa sensación de provocación, ou incluso de burla.
Cando a música é complicada, táchase de elitista ou de innecesariamente
intelectual. Se a música está baseada nunha idea sinxela, considérase
superficial e burda e a reacción máis habitual é a de dicir: “Iso saberíao
facer eu”. Poderíase argumentar que a diferenza entre o artista e o home da rúa
é que o primeiro fai o que o segundo cre que podería facer, pero non fai (...)”
29 oct 2013
Novo número de "Música y educación"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)