7 mar 2013
5 mar 2013
Novo libro na biblioteca: Catálogo de Eduardo Rodríguez-Losada
RECÉN CHEGADO O LIBRO:
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón. Catálogo de partituras.
Un catálogo realizado por Mª Dolores Liaño Pedreira e editado pola Diputación Provincial de A Coruña (2012). Nel recóllense as obras dun dos compositores máis destacados de Galicia durante a primeira metade do século XX, Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973).
As partituras desde arquitecto e músico coruñés, foron donadas á Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario no ano 1999, e hoxe forman parte dun patrimonio musical de gran valor, incluíndo partituras autógrafas do compositor, copias, borradores e anotacións, así como outro tipo de documentos.
4 mar 2013
Libro do mes de marzo 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Nikolaus
Harnoncourt
TÍTULO: EL DIÁLOGO MUSICAL
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL:Paidós
ANO: 2003
NÚMERO DE PÁXINAS: 282
DATOS DO AUTOR
Despois de estudar na Academia de Música de
Viena en 1952, foi violonchelista con la Sinfónica de Viena. Un ano máis tarde
fundou, xunto coa súa muller a Concentus
Musicus Wien, incluíndo instrumentos de época e centrándose na música do
Renacemento e o Barroco. En 1972, foi profesor do Mozarteum de Salzburgo, e a súa carreira como director emerxeu
rápido ao dirixir lendarios ciclos de obras de Monteverdi e Mozart. Dirixiu
orquestras coma a Royal Concertgebouw
Orchestra de Ámsterdam, a Orquestra
de Cámara de Europa, a Filarmónica de
Viena e Berlín. Hoxe Nikolaus
Harnoncourt é unha estrela internacional entre os directores de orquestra.
BREVE RESUMO DO LIBRO
Un libro interesante e completo que trata de temas como por exemplo da interpretación
barroca, especificamente como interpretar a Monteverdi, Bach ou Mozart. O seu
fío argumental céntrase no ofrecemento de consellos a profesionais e ao público
en xeral, dicindo “perdamos o medo o vibrato, a vivacidade, a subxectividade, o
cálido aire mediterráneo, pero teñámoslle baleiro”. Nikolaus ofrécenos unha
análise das paixóns de Bach e Monteverdi, así como unha visión das obras de
Mozart, tratando tempos e estructuras e mesmo abordando cuestións organolóxicas.
Proposta e resumo
de Fátima Rodríguez Bernárdez (6º GP)
(Se queres recibir esta información no teu correo
electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
26 feb 2013
En Solfado nº 2 (2012)
Consulta o número 2 da revista do CMUS de Ourense a través da páxina do conservatorio:
Revista En Solfado, nº 2
ou directamente do noso blog pinchando aquí: Revista En Solfado, nº 2 (2012)
Revista En Solfado, nº 2
ou directamente do noso blog pinchando aquí: Revista En Solfado, nº 2 (2012)
19 feb 2013
Adeus a Eugenio Trías
O autor do noso libro do mes de decembro faleceu o pasado 10 de febreiro. Podemos velo falando en:
Eugenio Trías no programa de TVE "A la carta"
2 feb 2013
LIBRO DO MES DE FEBREIRO. 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Alex ROSS
TÍTULO: EL RUIDO ETERNO
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Seix Barral
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 799
TRADUTOR: Luis Gago
DATOS DO AUTOR
Alex Ross naceu en Washington.
Desde 1996 é crítico musical o New Yorker,
escribindo previamente dende 1992 ata 1996 para o New York Times. Foi galardoado con numerosos premios, como tres
ASCAP-Deems Taylor Awards pola súa crítica musical, a Genius Fellowship da
MacArthur Foundation, a Holtzbrinck Fellowship da American Academy en Berlín, a
Fleck Fellowship do Banff Center e unha Letter of Distinction do American Music
Center pola súa contribución ao eido da música contemporánea. Foi profesor de
escritura na Universidade de Princeton e recibiu un doutoramento honorífico da
Manhattan School of Music.
BREVE RESUMO DO LIBRO
Esta é a historia do
século XX a través da súa música, desde a Viena de antes da Primeira Guerra
Mundial ata o París dos anos 20; desde a Alemaña de Hitler ou a Rusia de Stalin
á Nova York dos anos 60. Transportando aos lectores polo labirinto do son
moderno, Alex Ross descúbrenos as conexión entre os acontecementos máis importantes
e os compositores máis influíntes, homes que se rebelaron contra o culto ao
pasado clásico, loitaron contra a indiferenza do gran público e desafiaron aos
ditadores.
(Se queres recibir esta información no teu correo
electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
21 ene 2013
Exposición de debuxo e lectura dun conto
O pasado luns 28 de xaneiro inaugurouse a exposición de debuxo "A música e os libros".
Trátase da exposición dos debuxos que presentaron no primeiro trimestre nenos e nenas de entre 8 e 12 anos que están cursando estudos no conservatorio. A temática do certame de debuxo era "A música e os libros" e cada proposta debería de levar un título en galego. Os debuxos son moi creativas e de seguro que vos sorprenden, así que achegádevos a partires do luns a botarlle unha ollada.
Co motivo da inauguración da exposición procedeus á lectura dun conto con música e imaxes destinado especialmente aos máis cativos do conservatorio. Neste caso, a alumna de 6º de Grao Profesional Mara Vecoña Vieira realizou a lectura dun conto con música do Concerto "A primavera" de Antonio Vivaldi. Tras este breve espectáculo audiovisual, que tivo lugar no recén estreado rincón infantil da biblioteca, procedeuse á entrega de premios aos participantes do certame de debuxo.
ACHEGÁDEVOS Á EXPOSICIÓN!!
SORPRENDERÉDESVOS
12 ene 2013
8 ene 2013
Libro do mes de Xaneiro
LIBRO DO MES DE XANEIRO DE 2013
DATOS DO LIBRO
AUTORA: Eileen SOUTHERN
TÍTULO: HISTORIA DE LA MÚSICA NEGRA NORTEAMERICANA
CIDADE DE EDICIÓN:Madrid
EDITORIAL: Akal
ANO: 2001
DATOS Da AUTORa
Eileen Southern (1920-2002) foi unha musicóloga afroamericana, adicada non só á investigación, senón tamén á docencia en diversas escolas públicas dos Estados Unidos e na Universidade de Harvard. Comezou a súa carreira como pianista, ganando diversos concursos. Estudou na Universidade de Chicago e de Nova York, acadando a tese de doutoramento no 1961, na que xa se preocupaba polo estudo da música negra popular. Polo seu traballo editorial recibiu varios premios, que a galonan coma unha das especialistas máis reputadas no terreo da música negra norteamericana.
BREVE RESUMO DO
LIBRO
Neste libro a autora pretende axudar a que o lector coñeza e aprecie os diferentes xéneros e os múltiples estilos que, no seu conxunto, definen a música afroamericana dos Estados Unidos. Nesta publicación opta por organizar os materiais de xeito cronolóxico, seguindo a historia da música negra dende a súa orixe africana ata a época actual, a través das súas manifestacións na América colonial e despois nos Estados Unidos.
A partires da chegada dos primeiros africanas ás colonias inglesas, orixinouse unha intensa actividade musical, que non só xogou un papel crucial nas vidas dos estadounidenses negros, senón que influenciou profundamente a música norteamericana e doutras partes do mundo. A doutora Southern fai un percorrido por este tipo de música a través dunha crónica que abrangue dende cantantes, instrumentistas e compositores, ata xéneros e estilos que caracterizaron as manifestacións musicais dun pobo que foi dende os ritmos da escravitude ata o rap de finais do XX. Neste rico camiño, cóbrense numerosos temas, coma a música da época colonial, os artistas da guerra revolucionaria, a música sacra, o ragtime, o swing, a música de concerto, o soul, o pop e mesmo a ópera.
(Se
queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa
dirección no buzón de suxestión)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)