DATOS DO LIBRO
AUTOR: Patxi Irurzun
TÍTULO: BEETHOVEN, EL MÚSICO SORDO
EDITORIAL: El Rompecabezas
ANO: 2008
NÚMERO DE PÁXINAS: 125
DATOS DO AUTOR
Pamplona (1969), é
autor de libros de contos moi variados, entre os que se atopan “Cuentos de
color gris” (1989), Cuentos sanfermineros (2005), e varias novelas coma “Odio
enamorado”(2007), “Cuestión de supervivencia” (1998) ou o minilibro “El
cangrejo valiente” (2004), entre outras aportacións. Ten colaborado con
diferentes medios coma El Canto de la
Tripulación, El Europeo, Rolling Stone, Gara, Dominical, Mono Gráfico, Vinalia
Trippers, El País…Tamén recibiu diferentes premios coma “El Viajero” de El
País-Aguilar, o “Ciudad de Palencia” ou o “Francisco Yndurain” das letras para
xoves autores, así como o Premio da Creación Literaria 2004 do Goberno de
Navarra.
BREVE RESUMO DO
LIBRO
Trátase dun conto con actividades, recomendado
a partir de 9 anos, que tomando como fío condutor a Quinta Sinfonía de
Beethoven, nos introduce nos sorprendente mundo de Otto, un neno de 10 anos,
que se propón reconstruír a súa vida a través das persoas que o coñeceron: un
inventor de autómatas, un amor secreto… Toda unha sinfonía de divertidas
peripecias.