4 mar 2013

Libro do mes de marzo 2013


LIBRO DO MES DE MARZO DE 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Nikolaus Harnoncourt
TÍTULO: EL DIÁLOGO MUSICAL
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL:Paidós
ANO: 2003
NÚMERO DE PÁXINAS: 282

DATOS DO AUTOR


Despois de estudar na Academia de Música de Viena en 1952, foi violonchelista con la Sinfónica de Viena. Un ano máis tarde fundou, xunto coa súa muller a Concentus Musicus Wien, incluíndo instrumentos de época e centrándose na música do Renacemento e o Barroco. En 1972, foi profesor do Mozarteum de Salzburgo, e a súa carreira como director emerxeu rápido ao dirixir lendarios ciclos de obras de Monteverdi e Mozart. Dirixiu orquestras coma a Royal Concertgebouw Orchestra de Ámsterdam, a Orquestra de Cámara de Europa, a Filarmónica de Viena e Berlín. Hoxe Nikolaus Harnoncourt é unha estrela internacional entre os directores de orquestra.


                                      
BREVE RESUMO DO LIBRO
Un libro interesante e completo que trata de temas como por exemplo da interpretación barroca, especificamente como interpretar a Monteverdi, Bach ou Mozart. O seu fío argumental céntrase no ofrecemento de consellos a profesionais e ao público en xeral, dicindo “perdamos o medo o vibrato, a vivacidade, a subxectividade, o cálido aire mediterráneo, pero teñámoslle baleiro”. Nikolaus ofrécenos unha análise das paixóns de Bach e Monteverdi, así como unha visión das obras de Mozart, tratando tempos e estructuras e mesmo abordando cuestións organolóxicas.




Proposta e resumo de Fátima Rodríguez Bernárdez (6º GP)
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)

26 feb 2013

2 feb 2013

LIBRO DO MES DE FEBREIRO. 2013


DATOS DO LIBRO
AUTOR: Alex ROSS
TÍTULO: EL RUIDO ETERNO
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Seix Barral
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 799
TRADUTOR: Luis Gago

DATOS DO AUTOR

Alex Ross naceu en Washington. Desde 1996 é crítico musical o New Yorker, escribindo previamente dende 1992 ata 1996 para o New York Times. Foi galardoado con numerosos premios, como tres ASCAP-Deems Taylor Awards pola súa crítica musical, a Genius Fellowship da MacArthur Foundation, a Holtzbrinck Fellowship da American Academy en Berlín, a Fleck Fellowship do Banff Center e unha Letter of Distinction do American Music Center pola súa contribución ao eido da música contemporánea. Foi profesor de escritura na Universidade de Princeton e recibiu un doutoramento honorífico da Manhattan School of Music.

                                      
BREVE RESUMO DO LIBRO
Esta é a historia do século XX a través da súa música, desde a Viena de antes da Primeira Guerra Mundial ata o París dos anos 20; desde a Alemaña de Hitler ou a Rusia de Stalin á Nova York dos anos 60. Transportando aos lectores polo labirinto do son moderno, Alex Ross descúbrenos as conexión entre os acontecementos máis importantes e os compositores máis influíntes, homes que se rebelaron contra o culto ao pasado clásico, loitaron contra a indiferenza do gran público e desafiaron aos ditadores.


(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)

21 ene 2013

Exposición de debuxo e lectura dun conto


O pasado luns 28 de xaneiro inaugurouse a exposición de debuxo "A música e os libros". 

Trátase da exposición dos debuxos que presentaron no primeiro trimestre nenos e nenas de entre 8 e 12 anos que están cursando estudos no conservatorio. A temática do certame de debuxo era "A música e os libros" e cada proposta debería de levar un título en galego. Os debuxos son moi creativas e de seguro que vos sorprenden, así que achegádevos a partires do luns a botarlle unha ollada. 

Co motivo da inauguración da exposición procedeus á lectura dun conto con música e imaxes destinado especialmente aos máis cativos do conservatorio. Neste caso, a alumna de 6º de Grao Profesional Mara Vecoña Vieira realizou a lectura dun conto con música do Concerto "A primavera" de Antonio Vivaldi. Tras este breve espectáculo audiovisual, que tivo lugar no recén estreado rincón infantil da biblioteca, procedeuse á entrega de premios aos participantes do certame de debuxo. 


ACHEGÁDEVOS Á EXPOSICIÓN!! 

SORPRENDERÉDESVOS 






8 ene 2013

Libro do mes de Xaneiro

LIBRO DO MES DE XANEIRO DE 2013


DATOS DO LIBRO
AUTORA: Eileen SOUTHERN
TÍTULO: HISTORIA DE LA MÚSICA NEGRA NORTEAMERICANA
CIDADE DE EDICIÓN:Madrid
EDITORIAL: Akal
ANO: 2001 
NÚMERO DE PÁXINAS: 689
TRADUTOR: Ramón Polledo

DATOS Da AUTORa

Eileen Southern (1920-2002) foi unha musicóloga afroamericana, adicada non só á investigación, senón tamén á docencia en diversas escolas públicas dos Estados Unidos e na Universidade de Harvard. Comezou a súa carreira como pianista, ganando diversos concursos. Estudou na Universidade de Chicago e de Nova York, acadando a tese de doutoramento no 1961, na que xa se preocupaba polo estudo da música negra popular. Polo seu traballo editorial recibiu varios premios, que a galonan coma unha das especialistas máis reputadas no terreo da música negra norteamericana. 

BREVE RESUMO DO LIBRO


Neste libro a autora pretende axudar a que o lector coñeza e aprecie os diferentes xéneros e os múltiples estilos que, no seu conxunto, definen a música afroamericana dos Estados Unidos. Nesta publicación opta por organizar os materiais de xeito cronolóxico, seguindo a historia da música negra dende a súa orixe africana ata a época actual, a través das súas manifestacións na América colonial e despois nos Estados Unidos. 
A partires da chegada dos primeiros africanas ás colonias inglesas, orixinouse unha intensa actividade musical, que non só xogou un papel  crucial nas vidas dos estadounidenses negros, senón que influenciou profundamente a música norteamericana e doutras partes do mundo. A doutora Southern fai un percorrido por este tipo de música a través dunha crónica que abrangue dende cantantes, instrumentistas e compositores, ata xéneros e estilos que caracterizaron as manifestacións musicais dun pobo que foi dende os ritmos da escravitude ata o rap de finais do XX.  Neste rico camiño, cóbrense numerosos temas, coma a música da época colonial, os artistas da guerra revolucionaria, a música sacra, o ragtime, o swing, a música de concerto, o soul, o pop e mesmo a ópera.





(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestión)