23 ene 2012

Disco de Johannes Brahms: Secular Choral Songs


Secular Choral Songs de Johannes Brahms
XA DISPOÑIBLE!

Toda unha viaxe a través da obra vocal de Brahms (1833-1897), por medio de dous cds grabados xa nos anos 90 que se reeditaron por parte do prestixioso selo Harmonia Mundi. 

Podédelo atopar coa signatura CD510 e o rexistro 4043.

ESCÓITAO NA BIBLIOTECA OU LÉVAO PARA A CASA!!

¡Así de fácil!








21 ene 2012

Concerto na Biblioteca

Concerto na Biblioteca: o Barroco e o seu tempo

No pasado mes de novembro de 2011 as profesoras de clave, Alicia Alcayna, e de historia da música, Lorena L. Cobas, un concerto na sala da biblioteca. Nel as alumnas e alumnos de clave interpretaron varias obras pertencentes ao período do Barroco para ilustrar os paneis feitos polo alumnado de historia. Deste concerto podemos escoitar algúns fragmentos no seguinte vídeo, cuxa montaxe fixo Salvador Vicente: 




O programa do concerto foi o seguinte: 

Danzas de suite............................................
-        Allemande
-        Courante
-        Sarabande
Lebègue

por Pablo Vázquez (6º GP)

Preludio nº 4 de L’art de toucher............
Couperin
por Erea Blanco (4º GP)

La Boullongne.................................................
Balbastre
por Jana Sevilla (6º GP)

Rondó...............................................................
Francoeur
por Salvador Vicente (violín), Isabel Font (viola da gamba) e Alicia Alcayna (clave)

16 ene 2012

O mestre Vide e as súas zarzuelas

NOVO VOLUME XA DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA: Zarzuelas do Mestre Vide, recompiladas e editadas por Javier Jurado



Neste cuarto volume preséntanse as partituras de dúas zarzuelas súas: Miñatos de vran e Proba d'amor. 



O compositor, José Fernández Vide (1893-1981), traballou na emigración en Cuba, á que chegou en 1924 para facerse cargo da dirección artística do Centro Gallego de La Habana. Durante os anos que viviu nesta cidade desenvolveu o seu traballo como profesor de solfexo e instrumentos de corda, dirixindo unha serenata, un coro típico e un orfeón.



Para máis información sobre José Fernández Vide, pódese consultar a Revista Transcultural de Música, 8 (2004), ISSN:1697-0101: VILLANUEVA, Carlos." José Fernández Vide (1893-1981): tópicos identitarios en la figura y la obra de un músico de la emigración". Pódese ler íntegro en:
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com/search/label/Ourense