Consulta o número 2 da revista do CMUS de Ourense a través da páxina do conservatorio:
Revista En Solfado, nº 2
ou directamente do noso blog pinchando aquí: Revista En Solfado, nº 2 (2012)
26 feb 2013
19 feb 2013
Adeus a Eugenio Trías
O autor do noso libro do mes de decembro faleceu o pasado 10 de febreiro. Podemos velo falando en:
Eugenio Trías no programa de TVE "A la carta"
2 feb 2013
LIBRO DO MES DE FEBREIRO. 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Alex ROSS
TÍTULO: EL RUIDO ETERNO
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Seix Barral
ANO: 2009
NÚMERO DE PÁXINAS: 799
TRADUTOR: Luis Gago
DATOS DO AUTOR

BREVE RESUMO DO LIBRO
Esta é a historia do
século XX a través da súa música, desde a Viena de antes da Primeira Guerra
Mundial ata o París dos anos 20; desde a Alemaña de Hitler ou a Rusia de Stalin
á Nova York dos anos 60. Transportando aos lectores polo labirinto do son
moderno, Alex Ross descúbrenos as conexión entre os acontecementos máis importantes
e os compositores máis influíntes, homes que se rebelaron contra o culto ao
pasado clásico, loitaron contra a indiferenza do gran público e desafiaron aos
ditadores.
(Se queres recibir esta información no teu correo
electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
21 ene 2013
Exposición de debuxo e lectura dun conto
O pasado luns 28 de xaneiro inaugurouse a exposición de debuxo "A música e os libros".
Trátase da exposición dos debuxos que presentaron no primeiro trimestre nenos e nenas de entre 8 e 12 anos que están cursando estudos no conservatorio. A temática do certame de debuxo era "A música e os libros" e cada proposta debería de levar un título en galego. Os debuxos son moi creativas e de seguro que vos sorprenden, así que achegádevos a partires do luns a botarlle unha ollada.
Co motivo da inauguración da exposición procedeus á lectura dun conto con música e imaxes destinado especialmente aos máis cativos do conservatorio. Neste caso, a alumna de 6º de Grao Profesional Mara Vecoña Vieira realizou a lectura dun conto con música do Concerto "A primavera" de Antonio Vivaldi. Tras este breve espectáculo audiovisual, que tivo lugar no recén estreado rincón infantil da biblioteca, procedeuse á entrega de premios aos participantes do certame de debuxo.
ACHEGÁDEVOS Á EXPOSICIÓN!!
SORPRENDERÉDESVOS
12 ene 2013
8 ene 2013
Libro do mes de Xaneiro
LIBRO DO MES DE XANEIRO DE 2013
DATOS DO LIBRO
AUTORA: Eileen SOUTHERN
TÍTULO: HISTORIA DE LA MÚSICA NEGRA NORTEAMERICANA
CIDADE DE EDICIÓN:Madrid
EDITORIAL: Akal
ANO: 2001
DATOS Da AUTORa
Eileen Southern (1920-2002) foi unha musicóloga afroamericana, adicada non só á investigación, senón tamén á docencia en diversas escolas públicas dos Estados Unidos e na Universidade de Harvard. Comezou a súa carreira como pianista, ganando diversos concursos. Estudou na Universidade de Chicago e de Nova York, acadando a tese de doutoramento no 1961, na que xa se preocupaba polo estudo da música negra popular. Polo seu traballo editorial recibiu varios premios, que a galonan coma unha das especialistas máis reputadas no terreo da música negra norteamericana.
BREVE RESUMO DO
LIBRO
Neste libro a autora pretende axudar a que o lector coñeza e aprecie os diferentes xéneros e os múltiples estilos que, no seu conxunto, definen a música afroamericana dos Estados Unidos. Nesta publicación opta por organizar os materiais de xeito cronolóxico, seguindo a historia da música negra dende a súa orixe africana ata a época actual, a través das súas manifestacións na América colonial e despois nos Estados Unidos.

(Se
queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa
dirección no buzón de suxestión)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)