10 may 2013
Un novo libro de música galega na rede
A Universidade de Santiago de Compostela vén de colgar on line o libro Os soños da memoria. Documentación musical en Galicia: metodoloxías para o estudio.O volume recolle as actas do encontro que se celebrou no outono de 2011 no Museo de Pontevedra, organizado polo grupo de investigación interuniversitario Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875‑1936) (HAR 209‑09161), integrado por Montserrat Capelán, Luis Costa Vázquez e Javier Garbayo, coa dirección como IP de Carlos Villanueva.
Para acceder ao texto: http://dspace.usc.es/handle/10347/8133
2 may 2013
Libro do mes de maio de 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: ClemensKühn
TÍTULO: Historia de la
composición musical en ejemplos comentados
CIDADE DE EDICIÓN:Barcelona
EDITORIAL: Idea Books
ANO: 2003
NÚMERO DE PÁXINAS: 383
EDICIÓN ORIXINAL: Bärenreiter-VerlagKarlVötterle, 1998
TRADUCIÓN: Francisco Fernández del Pozo
O AUTOR
ClemensKühn (1945) é un compositor e notable
musicólogo alemán, moi coñecido polos seus libros de teoría e análise musical.
Naceu en Hamburgo, estudou no conservatorio da súa cidade natal e despois con
Diether de la Motte e CarlDahlhaus. Obtivo o doutoramento en 1977 cunha tese
sobre as obras orquestrais de BerndAloisZimmermann, publicada en Hamburgo en
1978. Despois de ser asistente, foi nomeado profesor de teoría musical na
Escola de Arte de Berlín en 1978, cambiando ao Conservatorio de Múnich en 1988
e ao conservatorio “CarlMariavonWeber” de Dresde en 1997.
Kühndestacou entre 1978 e 1996 como editor e co-editor da revista "Musica"
(Bärenreiter-Verlag), ademais de escribir sobre teoría musical para a nova
edición de MGG/Sachteil. Éco-editorda revista Musiktheorie (Laaber-Verlag). Os
seus puntos de interese musical están entre a análise musical e a teoría
musical.
BREVE RESUMO DO LIBRO
Este
libro non vai dirixido, como podería facer pensar o título, de forma exclusiva
a compositores ou estudantes de composición, senón que o seu radio de acción é
moito máis amplo. Os plantexamentos que emprega o autor nesta obra teórica
resultan non só orixinais, senón tamén eficaces e clarificadores en moitos
aspectos. Os capítulos están dedicados ás transformacións da linguaxe e aos
xéneros por épocas, tratadas cronoloxicamente, incluíndo elementos comparativos
para extraer conclusións sobre as técnicas compositivas. A realidade amósanos
que o proceso de desenvolvemento na composición non ten lugar de forma liñal,
senón que as técnicas e os diferentes puntos de vista se suceden na historia da
composición alternativamente.
Fontes das imaxes: enclavecreativa.com;
ideabooks.com
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a
túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)
30 abr 2013
Novo disco de Marcos Díaz
Esta nova seguro que vos resulta de interese. O profesor de guitarra Marcos Díaz vén de publicar un disco cunha selección de trece sonatas de Domenico Scarlatti transcritas para guitarra. Podedes ler unha moi boa crítica no boletín de Diverdi no mes de novembro de 2012 (páxina 16).
Diverdi do mes de novembro
1 abr 2013
Libro do mes de abril de 2013
LIBRO DO MES DE ABRIL DE 2013
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Xavier Groba González
TÍTULO: CASTO SAMPEDRO
E A MÚSICA DO CANTIGUEIRO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL
Vol. 1. Personaxes e contidos da
colección musical
Vol. 2. Documentario, cartas,
escritos musicais e partituras
CIDADE DE EDICIÓN: Redondela
(Pontevedra)
EDITORIAL: Concello de
Redondela
ANO: 2012
NÚMERO DE PÁXINAS: vol. 1 (558), vol.
2 (725)
DATOS DO AUTOR
Musicólogo e profesor
de secundaria, que leu no 2011 na Universidade de Santiago a tese de
doutoramento titulada O legado musical de
Casto Sampedro Folgar (1848-1937): o canto galego de tradición oral, baixo
a dirección do catedrático de música da Facultade de Xeografía e Historia D. Carlos
Villanueva Abelairas. O labor investigador de Xavier Groba remóntase a hai máis
dunha década, centrándose sobre todo na música de tradición oral e a súa
metodoloxía de estudo.
BREVE RESUMO DOS LIBROS
Trátase dun estudo centrado na análise e edición
crítica dos 720 cantos de tradición oral reunidos por Casto Sampedro Folgar,
que actualmente están depositados no Museo de Pontevedra. Ademais do
documentario recóllense máis de trescentas cartas e todos os escritos musicais
atribuídos ao recompilador. O estudo complétase coa contextualización histórica
e cultural do proceso de formación da colección Sampedro, que conta ademais con
máis dun centenar de colaboradores de entre 1870 e 1924.
(Se
queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa
dirección no buzón de suxestións)
17 mar 2013
14 mar 2013
Novos volumes na biblioteca: Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral
Desde hoxe podemos dispoñer dos dous volumes da seguinte obra:
GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Redondela (Pontevedra): Concello de Redondela, 2012.
Búscaos na túa biblioteca coa signatura 78GROcas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)