LIBRO
DO MES DE MARZO DE 2016
AUTOR:
José Luis Calle
TÍTULO:
Aires
da terra. La poesía musical de Galicia
EDITORIAL:
José Luis Calle García
CIDADE:
Pontevedra
ANO:
1993
Este
libro aborda o estudo do primeiro coro galego, Aires d'a terra, que
comezou ou seu periplo musical a finais do século XIX. Os primeiros
traballos deste colectivo musical viron a luz a comezos do século
XX, encentando un modelo de agrupación musical no que a recuperación
da música do folclore galego e unha escenografía enxebre eran
frecuentes. Neste estudo reúnense os materiais para o estudo deste
innovador grupo. Pártese do seu contexto para afondar nas
actividades do grupo e na súa estética, así como o coñecemento da
figura do seu fundador, o boticario pontevedrés Perfecto Feijoo.
Tamén se aborda a comparación entre este modelo interpretativo do
coro e as súas realizacións posteriores a través do seu
repertorio, da súa organoloxía e dos coros sucesores desta
estética. O volume recolle documentos gráficos e manuscritos que
ilustran as aportacións desta agrupación.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
No hay comentarios:
Publicar un comentario