11 abr 2014
7 abr 2014
Exposición de instrumentos medievais
Maquetas de instrumentos musicais medievais realizadas con materiais reciclados polos alumnos e alumnas de 4º de Grao Profesional na materia de Historia da Música. Achégate e descubrirás formas de instrumentos que non coñecías, así como un repertorio de enxeño e creatividade dos teus compañeiros e compañeiras.
1 abr 2014
Libro do mes de abril 2014
AUTOR: P. Graig Russell
EDITORIAL: Planeta de Agostini
ANO: 2003
NÚMERO DE PÁXINAS: 456
TRADUTOR: Patrick Mason
P. Craig Russell é un dos mellores ilustradores de cómic vivos en todo o mundo, e ista é a súa apaixonada e ambiciosa adatación do épico relato de Richard Wagner, O anel do nibelungo. Trátase dun cómic que recolle unha interesante versión do ciclo operístico homónimo de Wagner.
O
ciclo de Wagner, formado por catro óperas continuas pero
diferenciadas, é coñecido por ter adatado un antigo mito xermano a
unha versión máis moderna. Á vez que capturaba a maxestade mítica
daquelas lendas, a visión de Wagner permitíanos ver a personalidade
e as motivacións de cada un dos heroes e deuses, dos vilanos e dos
mártires. A estrutura desta famosa saga musical é igualmente
poderosa, pois cada movemento (O ouro do Rin, A valkiria, Sigfrido e
O crespúsculo dos deuses) forma unha ópera separada e conta cun
libreto diferenciado.
26 feb 2014
LIBRO DO MES DE MARZO 2014
AUTOR:
Esteban
Buch
TÍTULO:
La novena de Beethoven. Historia política del himno europeo
EDITORIAL:
Acantilado
ANO:
2001
NÚMERO
DE PÁXINAS:
504 TRADUTOR: Juan Gabriel López Guix
Neste
texto Esteban Buch analiza, desde unha perspectiva interdisciplinar e
rigososa, as causas do éxito da Novena
sinfonía.
A novena sinfonía compúxose en 1824, e desde entón foi a obra
musical con maior éxito político en Occidente, ata o punto de que a
súa Oda
á ledicia
foi designada himno oficial de Europa. Desde o nacemento dos himnos
nacionais na modernidade e desde a construción, ao longo do século
pasado, do mito de Beethoven, familias políticas de diversa índole
e incluso antagónicas -desde os republicanos franceses aos
nacionalistas alemáns- usaron o final da Novena,
e hoxe, nunha trama política cada día máis complexa, parece
erixirse como símbolo integral europeo dun proxecto compartido que,
seguindo a estela do texto de Schiller (“tódolos homes serán
irmáns”), apunta cara unha antiga utopía de fraternidade.
O
AUTOR
Esteban
Buch (Bos Aires, 1963). É profesor da École des Hautes Études en
Sciences Sociales en París, onde dirixe o Centro de Investigacións
sobre as Artes a Linguaxe. Obtivo a beca Guggenheim en 1999 e o
diploma ao mérito da Fundación Konex en 2009. O seu libro La
novena de Beethoven recibiu o premio Grand Prix des Muses
L'Espress-France Culture en 1999. Outras publicacións súas son: O
caso Schönberg, O pintor da Suíza arxentina, Xuremos con gloria
morrer, Historia dunha épica de Estado, The Bomarzo affair. Ópera,
perversión e ditadura ou Historia dun segredo.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
29 ene 2014
Libro do mes de febreiro: Tchaikovsky y los niños
DATOS
DO LIBRO/DISCO
AUTOR:
Anna
Obiols, Subi, Tchaikovsky
TÍTULO:Tchaikovsky
y los niños
EDITORIAL:
Bellaterra
Música
ANO:
2010
NÚMERO DE PÁXINAS: 24
DATOS
DO LIBRO
Trátase
dun libro de contos para nenos de entre 6 e 8 anos, que inclúe o
conto “Tchaikovsky no pequeno mundo dos xoguetes", un CD co conto
gravado e un extracto de 25 pezas para piano do Álbum
da xuventude, interpretado
por Marina Rodríguez.
De
pequeno a Piotr I. Tchaikovsky lle encantaban os contos, xa que tiña
unha coidadora que lle contaba moitos. Así ao medrar e ver que ao
seu sobriño Bobik de seis anos lle gustaban tamén, igual que tocar
o piano, Piotr compúxolle unha serie de pezas para piano. Cada unha
facía referencia a unha historia fantástica, a un conto, a un
xoguete ou a algunha viaxe. Así cada peza tiña o seu propio título,
para que Bobik as puidese imaxinar á vez que as tocaba. A este
caderno musical chamoulle “Álbum
da xuventude”
na honra ao seu admirado Robert Schumann.
(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións)
24 ene 2014
Novidades infantís
Xa están a disposición dos usuarios novos volumes de contos infantís con música. Coñece a Beethoven, Chopin e Verdi a través da súa música.
Achégate ao recanto infantil da nosa biblioteca!
11 ene 2014
Libro do mes de xaneiro de 2014
DATOS DO LIBRO
AUTOR: Nikolaus Harnoncourt
TÍTULO: La música como discurso sonoro. Hacia
una nueva comprensión de la música
CIDADE DE EDICIÓN: Barcelona
EDITORIAL: Acantilado
ANO: 2006 TRADUTOR DO ALEMÁN: Juan Luis Milán
NÚMERO DE PÁXINAS: 339
DATOS DO AUTOR
Despois de estudar na Academia de
Música de Viena en 1952, foi violonchelista coa Sinfónica de Viena. Un ano
máis tarde fundou, xunto coa súa muller a Concentus
Musicus Wien, incluíndo instrumentos de época e centrándose na música do
Renacemento e o Barroco. En 1972, foi profesor do Mozarteum de Salzburgo, e a súa carreira como director emerxeu
rápido ao dirixir lendarios ciclos de obras de Monteverdi e Mozart. Dirixiu
orquestras coma a Royal Concertgebouw
Orchestra de Ámsterdam, a Orquestra
de Cámara de Europa, a Filarmónica de
Viena e Berlín. Hoxe Nikolaus
Harnoncourt é unha estrela internacional entre os directores de orquestra.
BREVE RESUMO DO LIBRO
Neste libro recóllese unha colección de ensaios deste
intérprete e director, que conforman unha interesante contribución ao
pensamento musical do noso tempo. Foi publicado orixinariamente en 1984 e
constitúe para moitos un auténtico “credo” dunha das voces máis recoñecidas no
ámbito da interpretación musical histórica. Esta compilación aglutínase en tres
partes diferenciadas que abordan a música desde o punto de vista
interpretativo, pero incluíndo moi interesantes reflexións históricas sobre a
música e o proceso que a fai posible. A primeira parte titúlase “Aspectos
fundamentales de la música y de la interpretación”; a segunda sección
“Instrumentario y discurso sonoro”, centrándose nalgúns exemplares de
organoloxía do Barroco e do Clasicismo; e a última sección titúlase “Música
barroca europea- Mozart”, na que realiza unha viaxe polos diferentes
compositores que máis aportaron á música occidental no século XVIII.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)