3 abr 2012

Libro do mes de abril 2012


LIBRO DO MES DE ABRIL 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Casto Sampedro y Folgar
TÍTULO: Cancionero Musical de Galicia
CIDADE DE EDICIÓN: A Coruña
EDITORIAL: Fundación Pedro Barrié de la Maza
ANO: 2007

BREVE RESUMO DO LIBRO

Este volume é unha obra colectiva que recolle o labor recomplitatorio da música tradicional iniciado por Castro Sampedro y Folgar en torno a  1883, así como varios artigos previos que axudan a contextualizar este traballo.
O cancioneiro de Sampedro xestárase ao abeiro da Sociedad Arqueológica de Pontevedra dende finais do século XIX grazas ás colaboracións de diferentes investigadores como Ramón de Arana, Santiago Tafall, Eladio Oviedo, Perfecto Feijóo, Juan Montes, Indalecio Varela Lenzan ou Víctor Said Armesto, quen finalmente contribuíu a darlle o pulo final á recompilación do material musical tradicional. O cancioneiro quedou configurado cunha inxente cantidade de material, nun principio disperso, que non coñeceu a luz ata a edición de 1942 que fixo o Museo de Pontevedra, con introdución de José Filgueira Valverde.
Neste volume recollían diferentes tipos de pezas como alalás, cantos narrativos dialogados, cantos de labores e oficios, cantos rituais, lúdicos e bailables, así como unha escolma de música instrumental (preludios, tocatas ao azar, bailables, danzas, alboradas e marchas).
Para entender o proceso de recollida deste material no seu tempo é preciso coñecer aspectos de contexto, ideolóxicos e formais, que se desmenuzan nesta edición da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Nesta introdución crítica participan investigadores de primeira liña musicolóxica en Galicia neste momento coma Carlos Villanueva, Luis Costa ou Xabier Groba, ademais de incluir unha introdución histórica por parte de José Carlos Valle.
Resulta un tomo moi interesante para todos aqueles que sintan interese polo estudo da música tradicional en Galicia, así como para aqueles que se queiran adentrar no descurso etnicitario para a música galega, dende un punto de vista rexeneracionista e mesmo neotradicionalista.

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com

28 mar 2012

Novas obras de Fernández Vide na biblioteca

Acaban de chegar á biblioteca dous novos tomos, editados pola Deputación Provincial de Ourense, coas obras do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981)



Podedes ler un artigo sobre as súas achegas escrito polo musicólogo Carlos Villanueva en: http://www.sibetrans.com/trans/a199/jose-fernandez-vide-1893-1981-topicos-identitarios-en-la-figura-y-la-obra-de-un-musico-de-la-emigracion

6 mar 2012

Coral De Ruada. Libro do mes de marzo 2012


LIBRO DO MES DE MARZO 2012

DATOS DO LIBRO
AUTOR: Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro
TÍTULO: La Coral de Ruada
CIDADE DE EDICIÓN: Ourense
EDITORIAL: Caixa Ourense
ANO: 1996

BREVE RESUMO DO LIBRO
Trátase dun percorrido histórico a través da historia desta coral, que nacera en 1918 e aínda hoxe mantén a súa labor.
A Coral “Re Ruada” xestárase en 1918 e debutou o 24 de xuño de 1919 no Teatro Apolo de Ourense, onde obtivo un grande éxito. Esta coral seguiu o modelo do coro “Aires d'a terra”, fundado polo gaiteiro pontevedrés Perfecto Feijóo. Este tipo de agrupación ou “coro galego” estaba formado por coro de voces mixtas, ataviados co traxe tradicional, que cantaban repertorio popular con acompañamento instrumental típico do folclore galego. Nas fotografías máis antigas pódese observar a vestimenta típica dos integrantes e os tres instrumentos básicos (gaita, tamborileiro, bombo), ademais de zanfoña e pandeiros con sonaxas.



Neste libro poderemos facer un percorrido pola vida desta interesante agrupación ourensá, que deixou e aínda está a deixar momentos musicais para a historia.

Fontes de consulta: 
- www.coralderuada.com
- Etno-folk. Revista galega de etnomusicoloxía, 9 (outubro 2007). Monográfico adicado a "De Ruada".

(Se queres recibir esta información no teu correo electrónico, déixanos a túa dirección no buzón de suxestións ou en biblioteca.conservatoriourense@gmail.com)

27 feb 2012

Maurice André. Un gran trompetista

Co motivo do pasamento do trompetista francés Maurice André, o pasado venres 25 de febreiro de 2012, querémosvos recordar a súa grande aportación ao mundo da música. 

Podedes consultar unha breve biografía en: 
http://es.wikipedia.org/wiki/Maurice_Andr%C3%A9

E ademais a biblioteca dispón duns exercicios para trompeta da súa autoría (signatura 788.1/AND/exe):